20 de marzo de 2010

CURSO DE PROGRAMACION EDUCATIVA

CURSO DE PROGRAMACIÓN EDUCATIVA BAIXO A ÓPTICA DA XESTIÓN DE CALIDADE

AGACEME en colaboración coa Secretaría Xeral de Familia e Benestar está a organizar desde o pasado mes de outubro de 2009 e ata maio de 2010, impartido polo INTRESS un amplo curso sobre a Programación Educativa nos Centros de Menores de Protección. Este Curso realízase simultáneamente para as provincias de Lugo e A Coruña, no Centro de Menores de Bañobre (Miño) e para as de Ourense e Pontevedra, no Colexio Mª Inmaculada de Vigo.
En cada unha das sedes asisten 10 Entidades, tanto públicas como privadas, que contan con Centros de Menores. Estes cursos foron inaugurados, na sede da Coruña, por Dª Patricia Olveira Timiraos, Subdirectora Xeral de Autorización e Inspección de Centros e na sede de Vigo, por Dª M. del Mar Pousa Covas, Subdirectora Xeral de Familia e Menores.






No hay comentarios:

Publicar un comentario