19 de marzo de 2010

IMPULSANDO A RENOVACIÓN

I ENCONTRO DE CENTROS DE MENORES DE GALICIA DE INICIATIVA SOCIAL CRISTIÁ

O 19 de setembro de 2009 na Aula Magna do ITC no Mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela tivo lugar este I ENCONTRO. O Acto Inaugural foi presidido polo Arcebispo de Santiago de Compostela, D. Julián Barrio Barrio, a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Dª Susana López Abella, o Bispo de Mondoñedo-Ferrol, D. Manuel Sanchez Monge e o noso Presidento, D. Arsenio Trejo López.



Galicia conta con 24 Entidades de iniciativa social cristiá que en convenio coa Xunta de Galicia xestionan casi 600 prazas o que supón máis do 50 % das prazas con que conta a rede pública de protección. Neste ENCONTRO xuntámonos unha ampla representación das Entidades galegas.



A primeira Ponencia foi "Sentido e Misión dos Centros de Menores de iniciativa social católica hoxe" e foi impartida por D. Manuel Sanchez Monge, Bispo de Mondoñedo-Ferrol e experto en Pastoral Familiar. A segunda das Ponencias, "Desafíos e retos para unha renovación efectiva" dirixiuna D. Roberto Gómez Castro, Psicólogo e Coordinador do Equipo Técnico de Menores de Lugo.


A terceira Ponencia, "A calidade nos nosos Centros", tivo como relator a D. Jorge Rivas Fernández, Delegado da Zona Norte da división de Consultoría e Calidade do INTRESS e contou coa experiencia do Centro Fogar María Inmaculada de Bañobre-Miño, un dos primeiros Centros en obter a ISO9001 en Galicia. A cuarta Ponencia, "Igrexa Evanxélica, o por que dunha presenza", impartida polo Pastor D. Marcos Zapata Figueiras. A quinta Ponencia, "Novas formas de xestión. Desafíos e retos", dirixida por Pai José Antonio Fernández Grau, Provincial dos RR. Terciarios Capuchinos e Presidente da Fundación Amigó.


Na última Ponencia, "A Dirección compartida con laicos", a Provincial das HH. Mercedarias de la Caridad compartíu a ampla experiencia da súa Congregación en la delegación de responsabilidades a los laicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario