24 de abril de 2010

COMPROMISOS DA SUBDIRECCION XERAL DE INSPECCIÓN

A Subdirectora Xeral de Inspección e Avaliación da Calidad Educativa comprometeuse na reunión que mantivo con membros da Xunta Directiva de AGACEME a dar solución nos retrasos na matriculación que se están a producir nalgunhas zonas onde se atopan gran parte dos Centros de Menores. En concreto, tras valorar a situación coas Xefaturas Territoriais, informaranos cal será o sistema a seguir. En canto a outro problema importante que se lle presentou desde AGACEME, sobre as medidas disciplinarias e a expulsión dos menores, indicouse que haberá que analizalo máis en profundidade e ver de estudiar, respectando a autonomía que teñen os Centros Educativos para a elaboración do Regulamento de Réximen Interior, de que éstes poidan contemplar outras medidas que non sexa a de expulsión. Tamén se manifestou na reunión, o problema que supón para os Centros de Protección, ante a escasez de prazas escolares no entorno dos mesmos, á matriculación en Centros moi alonxados dos recursos de protección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario