17 de abril de 2010

REUNION COA INSPECCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O próximo martes 20 de abril ás 10 mañá reunirémonos coa Subdirectora Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, Dª M. Carmen Cimadevila Cea. Esta entrevista ten por obxecto demandar da Consellería de Educación as medidas oportunas para que a Inspección Educativa de Centros arbitre a escolarización inmediata dos menores que ingresen nos Centros de Protección. Nalgunhas zonas de Galicia estanse a producir retrasos de ata 40 días ata que se obten unha praza. Ademais, esta reunión, serviranos para expoñer tamén que se deben de artellar medidas disciplinarias distintas da de expulsión do Centro para aqueles rapaces tuteladas e que presenten unha situación conflictiva no mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario