9 de mayo de 2010

PRESENTACION DA APLICACION INFORMATICA AGACEME XESTION DE CENTROS DE MENORES

Neste últimos días a Xunta Directiva de AGACEME ven de presentar o Programa de Xestión Informática "AGACEME XESTION DE CENTROS DE MENORES". Unha aplicación web que busca simplificar, recopilar e unificar o traballo dos equipos educativos cunha ferramenta de xestión que ademais proporciona accesibilidade aos Equipos Territoriais de Menores e á Inspección de Centros.

A presentación desta Aplicación fíxose tanto para os responsables dos Centros colaboradores en Santiago e Coruña, como para os Directores dos Centros Públicos da Consellería, Coordinadores dos Equipos Técnicos de Menores de Galicia, Subdirección Xeral de Inspección de Centros, Sudirección Xeral de Tecnoloxias da Información. Esta última presentación foi realizada en colaboración coa Subdirección Xeral de Familia e Menores.

No último trimestre deste ano poderase implantar en todas as Entidades acollidas á mesma, o que suporá casi que o 50% das prazas de protección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario