2 de mayo de 2010

A XUNTA CUMPRE A SÚA PALABRA


Tal e como se comprometera, a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Dª Susana López Abella, na reunión que mantivemos o pasado 5 de abril, a Consellería de Traballo e Benestar acaba de convocar a 1ª MESA DE DIÁLOGO DE CENTROS DE MENORES, co obxecto de mellorar o marco xurídico, económico e xestión xeral dos Centros de Menores. É intención da Secretaría Xeral levar a cabo iniciativas como a actualización da normativa do Decreto regulador de Centros, unha nova definición de tipoloxías, o exáme das tarefas aplicables, a mellora nos sistemas e condicións de contratación, etc.
Esta Mesa de diálogo estará presidida pola propia Secretaria Xeral de Familia e Benestar e cos seguintes vogais:
* Pola Administración:
- A Subdirectora Xeral de Familia e Menores
- Un representante do Servizo de Defensa do Menor
- Un representante do Servizo de Atención a menores en situación de conflicto social
- Dous representantes da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais
- Un traballador desta Secretaría Xeral, que actuará como Secretario

* Polas Entidades de Iniciativa Social:
- Dous representantes da Asociación Galega de Centros de Menores
- Dous representantes do Colectivo Galego do Menor
- Dous representantes das Entidades xestoras de Centros non asociadas

A primeira reunión será o próximo XOVES DÍA 6 ÁS 10 DA MAÑA nas dependencias de San Caetano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario