4 de junio de 2010

DIGNIDAD LUGO E O CONCELLO ASINAN UN CONVENIO PARA A PROMOCIÓN DA SAÚDE E ADQUISICIÓN DE HÁBITOS SAUDABLES

 Convenio asinado coa Asociación Dignidade Lugo ten como obxectivo o desenvolvemento de actuacións que fomenten a integración dos menores e adolescentes en risco e conflito social que están adscritos nos diferentes centros e programas que desenvolve a entidade, concretamente aquelas que favorezan a promoción da saúde a adquisición de hábitos saudables, e que todas aquelas que favorezan condutas afastadas dos riscos e perigos do consumo de drogas. As actuacións son desenvoltas a través de talleres e charlas por medio de materiais dos que se dispón o servizo municipal de prevención de drogas.


Este Convenio foi firmado por D. Fernando Pérez Lozano, presidente da Asociación Dignidade Lugo e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Dª Carmen Basadre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario