O pasado xoves 10 a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, xunto co Xefe Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, visitaron os tres Centros que esta Entidade ten Concertados con dita Secretaría Xeral.
A Secretaria Xeral estivo no Centro de Atención de Día, visitou tamén a nova Casa de Familia con que conta esta Entidade, coñecendo as súas instalacións e ao equipo educativo. Nesta visita tamén acompañaron os responsables do Equipo Técnico de Menores, outros directores de Centros de Lugo e os membros da Xunta Directiva de AGACEME, encabezados polo seu Presidente.
Máis tarde a Secretaria e o Xefe Territorial tiveron un pequeno encontro cunha parte dos usuarios do Centro de Día e de medidas de réxime aberto Dignidade Oleiro. Neste recurso de reforma, compartiu un café cos usuarios e coñeceu os seus programas e ao equipo de intervención socioeducativa.
Nesta visita foi guiada polo Presidente de Dignidade Lugo, Fernando Pérez Lozano, e diferentes membros da Xunta Directiva, como Marcos Zapata, Ana Pérez, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario