26 de septiembre de 2010

INAUGURACIÓN NOVA CASA DE FAMILIA EN OURENSE

A cidade de Ourense conta cun novo Centro de Menores, en concreto,  trátase dunha Casa de Familia con capacidade para acoller 8  menores. Este novo recurso concertado coa Conselleria de Traballo e Benestar, foi adxudicado a Entidade Asociación de Iniciativa Social Berce con sede en Vigo. O centro que se chama Casa-Fogar Berce Os Cativos foi inaugurado pola Conselleira Beatriz Mato, acompañada pola Secretaria Xeral deFamilia e Benestar Susana López Abella e o Delegado da Xunta en Ourense Rogelio Martinez.