25 de octubre de 2010

A XUNTA SUBVENCIONA O PROGRAMA DE XESTION DE CENTROS DE MENORES DE AGACEME


A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica que dirixe, Dª Mar Pereira Álvarez, tal e como nos prometera, concedeunos unha subvención de 30.000€ para finalizar o PROGRAMA DE XESTION DE CENTROS DE MENORES (XECEME) de AGACEME. Esta nova aplicación informática atópase nestes intres na súa fase piloto de implantación e esperamos que xa no prazo dun  mes se atope implantado en todos os centros que estaban interesados no seu uso.
Con esta aplicación conseguirase por primeira vez unificar e utilizar os centros galegos un mesmo programa de xestión ademais nela se recollen todos os protocolos e rexistros que actualmente están a utilizar os centros galegos.

24 de octubre de 2010

LA XUNTA SACA A GESTION PRIVADA EL CENTRO DE VALVERDE (OURENSE)


La Consellería de Traballo e Benestar anunció en el DOG del 19 de octubre el concurso para la gestión del Centro de Menores de Valverde - Allariz (Ourense).
En este nuevo Centro se atenderá a jóvenes de 16 a 21 años, tanto del sistema de protección como aquellos que cuenten con expediente de reforma.
Este Centro contará con módulos formativos que desarrollará personal de la Consellería de Educación, en concreto del Instituto Santa María de Europa de Ourense.
Este Centro, que ha sido rehabilitado con Fondos Europeos, consta de además del edificio noble, con dos edificios anexos, uno para talleres y otro dedicado a aulas, junto con 8.000 m2 de finca.




9 de octubre de 2010

POLITICA EQUIVOCADA


Temos que lamentar a falta de sensibilidade, profesionalidade e bo facer da Consellería de Traballo e Benestar e dos seus máximos responsables. Tristemente acaban de concertar un Centro de Menores Especializado para menores con trastornos de conducta - Terapéutico só baseándose en criterios económicos.
Mentras na nosa Autonomía os informes do Defensor del Pueblo e do Valedor do Pobo xunto coa Fiscalía Xeral en todos os seus informes falaban das malas instalacións do Centro Chavea e o que é máis importante, a falta de recursos especializados e terapéuticos en Galicia, por fin, un goberno decídese a facer algo: convoca un concurso, duplica as prazas, aumenta nun 36% o presuposto, todo elo para conquerir unha mellora e SORPRENDENTEMENTE, baixo criterios políticos e económicos, selecciona para este Centro á Entidade que oferta menos prazas e que ten a peor puntuación técnica.
Segundo o Comité de Expertos da Consellería de Traballo e Benestar a Fundación Lar Pro Saúde Mental é a que conta coa peor formación do seu persoal educativo e clínico, co peor itinerario de intervención terapéutica e educativa, co peor proxecto educativo, co peor regulamento de réxime interno de funcionamento. Prácticamente non conta con servizos de especialistas, non ten ningún programa de boas prácticas, non vai prestar ningún servizo complementario aos menores que atenda, prestará o peor servizo post-institucional aos menores que pasen polo seu Centro, xunto a que ten o peor plan de formación de todas as Entidades presentadas. Por todo isto a Comisión Técnica valorouna como a peor oferta das catro que se presentaban e sorprendentemente consegue gañar o Concurso porque é a máis barata.
Lamentamos que a nosa Conselleira, Dª Beatriz Mato, amose tan pouca sensibilidade e respeto hacia os nenos e nenas máis desfavorecidos da nosa autonomía. Se esta é a política desta Conselleira imos por moi mal camiño.