9 de octubre de 2010

POLITICA EQUIVOCADA


Temos que lamentar a falta de sensibilidade, profesionalidade e bo facer da Consellería de Traballo e Benestar e dos seus máximos responsables. Tristemente acaban de concertar un Centro de Menores Especializado para menores con trastornos de conducta - Terapéutico só baseándose en criterios económicos.
Mentras na nosa Autonomía os informes do Defensor del Pueblo e do Valedor do Pobo xunto coa Fiscalía Xeral en todos os seus informes falaban das malas instalacións do Centro Chavea e o que é máis importante, a falta de recursos especializados e terapéuticos en Galicia, por fin, un goberno decídese a facer algo: convoca un concurso, duplica as prazas, aumenta nun 36% o presuposto, todo elo para conquerir unha mellora e SORPRENDENTEMENTE, baixo criterios políticos e económicos, selecciona para este Centro á Entidade que oferta menos prazas e que ten a peor puntuación técnica.
Segundo o Comité de Expertos da Consellería de Traballo e Benestar a Fundación Lar Pro Saúde Mental é a que conta coa peor formación do seu persoal educativo e clínico, co peor itinerario de intervención terapéutica e educativa, co peor proxecto educativo, co peor regulamento de réxime interno de funcionamento. Prácticamente non conta con servizos de especialistas, non ten ningún programa de boas prácticas, non vai prestar ningún servizo complementario aos menores que atenda, prestará o peor servizo post-institucional aos menores que pasen polo seu Centro, xunto a que ten o peor plan de formación de todas as Entidades presentadas. Por todo isto a Comisión Técnica valorouna como a peor oferta das catro que se presentaban e sorprendentemente consegue gañar o Concurso porque é a máis barata.
Lamentamos que a nosa Conselleira, Dª Beatriz Mato, amose tan pouca sensibilidade e respeto hacia os nenos e nenas máis desfavorecidos da nosa autonomía. Se esta é a política desta Conselleira imos por moi mal camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario