16 de enero de 2011

PROGRAMA DE ATENCIÓN A FAMILIAS CON PROBLEMAS COS SEUS FILLOS


A Consellería de Traballo e Benestar renovará coa Asociación Galega de Terapia Familiar o Programa de Atención a familias con problemas cos seus fillos. Este Programa, que se desenrola nas 4 provincias a través de terapeutas familiares que desenrolen a súa actividades en consultas privadas, está dirixido para a atención de diversas problemáticas familiares, como poden ser dificultades na aula e no centro escolar, absentismo escolar, dificultades para o cumprimento e acatamento de normas, así como o seu establecemento polos pais, predelicuencia (furtos, gamberrismo, etc.), dificultades na convivencia familiar, agresividade cara aos seus membros, consumo e abuso de drogas, conduta agresiva e violencia, delincuencia e problemas coa lei, desdobramente e desestructuración parental, etc.
Para este Programa a Consellería destina 80.000 € que se reparten da seguinte forma: 17.500 € para coordinación do Programa, 60 € por cada sesión terapéutica, 120 € por cada asistencia a xuizo e a razón de 6 € para o seguemento post-institucionalizado por teléfono. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario