20 de febrero de 2011

OS CENTROS PUBLICOS EMPREGARAN XECEME


A Secretaria Xeral de Familia e Benestar que dirixe Dª Susana López Abella, acordou a sinatura dun Convenio entre a Subdirección Xeral de Familia e Menores e AGACEME, entidade titular da aplicación informática Xestión de Centro de Menores XECEME, a través do cal darase servizo para que os centros públicos de protección de menores de xestión directa sexan xestionados por dito programa. Así mesmo, neste Convenio, tamén se instalará esta aplicación nun dominio da propia Consellería.
Os Centros que se van a beneficiar, ademais do Virxe do Carme de Ferrol, que xa estaba empregando esta ferramenta, son:
- Centro Soutomaior de Ferrol
- Centro San Xosé de Calasanz de A Coruña
- Centro Santo Anxo da Garda de Rábade, Lugo
- Centro A Carballeira, de Ourense
- Centro Montealegre. de Ourense

No hay comentarios:

Publicar un comentario