18 de septiembre de 2011

BENESTAR CONVOCA A MESA DE DIÁLOGO


A Secretaría Xeral de Familia e Benestar convocou a mesa de diálogo para o LUNS 26. Nesta Mesa, que preside a Secretaria Xeral, Dª Susana López Abella, atópanse representados todas as Entidades que xestionan Centros de Menores, tanto do sistema de protección como do de reforma, xunto cos representantes da Consellería de Traballo e Benestar. Nesta reunión abordarase as previsións e as iniciativas para o ano 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario