25 de marzo de 2012

NOVO RECURSO RESIDENCIAL EN BURELA

A Consellería de Traballo e Benestar ven de adxudicar ás Fillas do Divino Celo - Rogacionistas un novo centro residencial, en concreto Casa de Familia con 8 prazas, na vila de Burela.
As Fillas do Divino Celo - Rogacionistas contan xa na actualidade co Centro de Día de Menores San Aníbal e o Centro de Acollida Básica e Inclusión María Nazarena, todos eles en Burela.
Este novo recurso residencial ven a cubrir parte das necesidades da Mariña.
Outro dos servizos fortemente demandados e cos que aínda non conta a Mariña é un Punto de Encontro Familiar, xa que o máis próximo atópase en Lugo, e fai moi dificil o seu uso para esta comarca.

11 de marzo de 2012

AGACEME REUNESE COA SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL


Como ven sendo habitual a Xunta Directiva de AGACEME manterá un novo Encontro de Traballo coa Secretaria Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benesar, Coro Piñeiro Vázquez. Neste Encontro abordarase as previsións para o sistema de protección de cara a este ano 2012. Esta reunión está prevista para o día 12 de marzo.

BURELA CONTARA CUN NOVO RECURSO RESIDENCIAL


A Consellería de Traballo e Benestar dotará ao Concello de Burela dun novo recurso residencial para menores. En concreto, trátase dunha Casa de Familia con 8 prazas.