25 de marzo de 2012

NOVO RECURSO RESIDENCIAL EN BURELA

A Consellería de Traballo e Benestar ven de adxudicar ás Fillas do Divino Celo - Rogacionistas un novo centro residencial, en concreto Casa de Familia con 8 prazas, na vila de Burela.
As Fillas do Divino Celo - Rogacionistas contan xa na actualidade co Centro de Día de Menores San Aníbal e o Centro de Acollida Básica e Inclusión María Nazarena, todos eles en Burela.
Este novo recurso residencial ven a cubrir parte das necesidades da Mariña.
Outro dos servizos fortemente demandados e cos que aínda non conta a Mariña é un Punto de Encontro Familiar, xa que o máis próximo atópase en Lugo, e fai moi dificil o seu uso para esta comarca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario