9 de marzo de 2013

REUNION DE TRABALLO COA DIRECTORA XERAL DE FAMILIA E INCLUSION

Este xoves 7 de marzo reunímonos coa nova Directora Xeral de Familia e Inclusión Social, Amparo González Méndez. Nesta xuntanza de traballo abordáronse temas importantísimos para o sistema de protección de menores de Galicia, acordándose un novo calendario de accións para abordar co máximo consenso posible os asuntos tratados. Así, estableceuse:
- A creación dun Grupo de traballo coa participación de AGACEME para abordar un novo Decreto regulador dos centros de protección e reforma de menores de Galicia.
- Convocar o Grupo de traballo que elaborou os protocolos en vigor dos centros de protección de menores de Galicia para a súa revisión.
- Impulsar o programa de xestión de centros  XECEME, co fin de acadar o antes posible o seu traspaso á Web da Xunta.
- Abordar, coa Consellería de Sanidade, o establecemento dun programa de alerta sanitaria nos centros de menores, así como, a asistencia sanitaria aos menores tutelados pola Xunta de Galicia.

Nesta reunión tamén se comprometeu a Dirección Xeral a colaborar nas accións formativas de AGACEME.

No hay comentarios:

Publicar un comentario